FACENDA

Aberto o prazo para o pagamento voluntario do Imposto de Bens Inmobles

05/07/2018 A Concellaría de Facenda lembra aos e ás contribuíntes que dende hoxe xoves, 5 de xullo, e ata o vindeiro 5 de setembro (ambos incluídos) estará aberto o prazo para o pagamento do Imposto de Bens Inmobles (IBI).

O pago poderá efectuarse:

- Nas contas de recadación das entidades colaboradoras que se indican a continuación, presentando o correspondente recibo, e dentro do horario habitual de atención ó público: Abanca, Banco Pastor, BBVA, CaixaBank, Banco Sabadell Gallego e Banco Santander.

- Tamén poderá realizarse a través dos caixeiros das entidades colaboradoras que dispoñan deste servicio, e a través de internet, na propia web municipal.

Transcorrido o prazo de pago voluntario, as débedas pendentes esixiranse pola vía de constrinximento e devengarán o recargo de apremio, os xuros de mora e as custas que se produzan.

Os padróns dos inmobles de natureza rústica, urbana e de características especiais configurados polo departamento municipal de Tesourería estarán expostos na Oficina de Atención ao Contribuínte sita na rúa Presidente Salvador Allende nº 4-baixo, durante un prazo de 15 días a contar dende a data da publicación do anuncio, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, para que as persoas interesadas poidan examinalo.

Contra as liquidacións que conteñen os padróns poderase formular recurso potestativo de reposición, perante a Concellaría delegada de Facenda no prazo dun mes que se contará dende o día seguinte ao da finalización da exposición pública do padrón.

Direccións relacionadas



Compartir: