EDUCACIÓN

As escolas infantís municipais rematan o curso cunha festa de graduación

29/06/2018 Neste último día do curso escolar os nenos e nenas das aulas de 2-3 anos da Rede de Escolas Infantís Municipais de Santiago celebraron a súa graduación e a despedida do curso 2017-2018 en compañía dos compañeiros/as e os educadores/as das escolas.

Na festa déronse os diplomas de fin de curso, as orlas e unha foto conmemorativa a cada neno/nena para que manteñan un recordo do seu paso polas escolas.

Na escola de Meixonfrio- Salgueiriños, os pais dos nenos e nenas puxeron no exterior da escola infantil unha pancarta para expresar o seu agradecemento ao centro.

O persoal docente das Escolas Infantís Municipais de Conxo, Meixonfrío-Salgueiriños e As Fontiñas quixo neste acto agradecer a todas as familias o seu paso pola comunidade educativa e a confianza posta en neles para participar na educación dos cativos e cativas.

Compartir: