ALCALDÍA

O alcalde dálles a benvida ás persoas participantes no VI Foro Parlamentario Hispano-Polaco

25/06/2018 O alcalde, Martiño Noriega, deulles esta mañá a benvida a Santiago ás persoas participantes no VI Foro Parlamentario Hispano-Polaco, que se celebra nestes días na capital galega. O encontro está presidido pola presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, e conta tamén coa participación do presidente do Senado, Pío García-Escudero.

O VI Foro Parlamentario Hispano-Polaco estase a celebrar no Hostal dos Reis Católicos. O alcalde agradeceu esta mañá a elección de Santiago para acoller este encontro, no que participan amplas delegacións do Congreso e do Senado, e que ten como obxectivo analizar as relacións bilaterais entre España e Polonia en materia de economía, política comunitaria, asuntos exteriores e seguridade; e educación, cultura e turismo.

Compartir: