ACCIÓN CULTURAL

Continúan os obradoiros de empoderamento das mulleres do rural con novas sesións nas parroquias de Laraño, Lavacolla e Grixoa

23/04/2018 O vindeiro mércores, 25 de abril, comezan novas quendas do programa para mellorar o benestar individual e colectivo das mulleres do rural, cunha sesión no Centro Sociocultural de Laraño de 18:00 a 19:30 horas. O venres tamén arrincarán na parroquia de Lavacolla, co mesmo horario, e o sábado farano en Grixoa, en horario de 17:00 a 18:30 horas. Os obradoiros rematarán a mediados do mes de abril.

O obxectivo do programa pasa por traballar o empoderamento e a participación das mulleres, facer visible o seu traballo e logros, facilitar canles de apoio e orientación que mellore a súa autoestima, así como apoiar a creación de redes formais ou informais de mulleres.

A pasada semana remataron os tres primeiros obradoiros, nas parroquias de Santa Cristina, Busto e Aríns, logo dun mes intenso de actividades. O programa enmárcase dentro da programación polo Día Internacional das Mulleres.

Documentos relacionados



Compartir: