ALCALDÍA

O alcalde participa na tradicional poxa das uñas de San Lázaro

19/03/2018 O alcalde, Martiño Noriega, participou esta mañá na tradicional poxa das uñas de San Lázaro, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro. O rexedor volveuse sumar así a esta festividade, da que o Concello é promotor por segundo ano consecutivo.

O alcalde participou activamente na poxa e conseguiu levar un lote de uñas. Foron moitas as persoas que asistiron a esta cita tradicional, entre elas moitos hostaleiros e hostaleiras que nestes días ofertan uña nas súas cartas. De feito, o Concello e e Asociación de Hostalería promoveron a Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro, á que se sumaron 22 locais dende o venres e ata hoxe. Moitos dos establecementos están no barrio, pero tamén se sumaron á iniciativa restaurantes localizados noutras zonas da cidade.

O Concello volveu ser este ano promotor da Festa das Uñas, despois de que en 2017 os integrantes da comisión de festas decidiran deixar de organizar as celebracións. Deste xeito, mantense a tradición no barrio, atendendo tamén ao seu interese turístico e ás peticións populares.

Compartir: