ALCALDÍA

Compostela, elixida como sede do III Congreso de Cooperación Internacional

07/03/2018 Santiago acollerá o III Congreso de Cooperación Internacional, que se celebrará os días 21 e 22 de febreiro de 2019. Así llo confirmou o presidente do Colexio de Médicos da Coruña ao alcalde na reunión que ambos mantiveron esta mañá.

Luciano Vidán explicoulle a Martiño Noriega que o Congreso "estará centrado no tema da xustiza social, no dereito que teñen todas as persoas do mundo a teren acceso aos medicamentos considerados esenciais". O presidente do Colexio de Médicos da Coruña agradeceulle ao alcalde o apoio expresado polo Concello á celebración deste evento, no que participarán ao redor de 600 persoas.

Tamén incidiu na idoneidade de Santiago para a celebración do Congreso de Cooperación Internacional "porque temos tradición e experiencia, vinculada ao Camiño de Santiago". Ademais, Luciano Vidán salientou "a tradición médica e universitaria da capital galega, outro elemento de peso para a selección da cidade para este evento".

Compartir: