CENTROS SOCIOCULTURAIS

Programación da Rede de Centros Socioculturais

28/08/2019 Santiago de Compostela conta con máis de 40 centros socioculturais distribuídos entre os diversos barrios que conforman o municipio. Contan cunha programación estable de exposicións, conferencias, ciclos formativos e audiovisuais, cursos, etc. O Departamento de Centros Socioculturais informa que dende o martes 17 ata o sábado 28 de decembro estará aberto o prazo de apuntamento para cubrir as prazas vacantes nas actividades regulares e participar nas novas previstas para o período comprendido entre xaneiro e xuño de 2020.

As persoas interesadas poden achegarse aos centros en horario de mañá e de tarde para formalizar o apuntamento. Nas actividades onde haxa mais demanda que prazas ofertadas, realizarase un sorteo, anunciándose este no propio centro onde se desenvolve a actividade.

Toda a programación pode consultarse nos documento adxuntos e nos propios centros socioculturais.

Compartir: