EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Publicadas as listaxes de admitidos/as e excluídos/as do Programa Municipal de Conciliación de Verán

15/06/2017 A Concellaría de Educación e Cidadanía vén de facer pública a listaxe de admitidos/as e excluídos/as no Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2017. Unha vez sexa adxudicado o servizo pola Xunta de Goberno faranse públicos os prezos públicos a aboar e a conta bancaria de pagamento.

O Programa Municipal de Conciliación desenvolverase os días 26, 27, 28, 29 e 30 de xuño; todo o mes de xullo e os días 1, 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro. O horario será de 7:45 a 9:00 horas se os nenos e nenas se apuntan ao servizo de madrugadores, de 9:00 a 14:00 horas cos obradoiros e actividades, e de 9:00 a 16.00 horas no caso de anotarse ao servizo de comedor escolar.

Os obxectivos do programa de conciliación pasan por promover actividades que favorezan a diversión, creando un ambiente lúdico; desenvolver a autonomía persoal no día a día; dar a coñecer diferentes actividades de lecer e tempo libre, promover actividades que favorezan o traballo en equipo e a creatividade; e coñecer o entorno que nos rodea.

Compartir: