DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Marta Lois participou na clausura da II edición do programa Mentoring da USC

13/06/2017 A concelleira de Igualdade, Densenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participou este martes na clausura do programa Mentoring da Universidade de Santiago, unha iniciativa que busca reducir a incerteza do alumnado que rematou ou está a piques de rematar a súa etapa universitaria e carece de referencias para orientar axeitadamente o seu perfil ao mercado laboral. Nesta ocasión participaron 141 mentores, e foron 91 os mentorizados que completaron o proceso con éxito.

Poden ser mentores ou mentoras calquera directivo/a, profesional ou emprendedor/a con preparación que estea disposto a dedicar unha parte do seu tempo a escoitar as inquedanzas dos estudantes e compartir coñecementos e experiencias. Comprométense a asistir ás sesións de presentación e clausura, na que os/as participantes comparten os seus resultados e experiencias. Ademais, deben manter un mínimo de catro reunións coas persoas "mentorizadas" no seu lugar de traballo ou por medios telemáticos durante os catro meses posteriores á presentación.

Pola súa banda, o alumnado debe tomar a iniciativa para contactar co mentor/a e con el/a planificar os obxectivos deste período e finalmente valorar o desenvolvemento do programa e os resultados obtidos.

Compartir: