ALCALDÍA

Pleno co alumnado do Colexio Compañía de María

05/06/2017 O alcalde presidiu esta mañá un pleno infantil, no que participaron alumnos e alumnas do colexio Compañía de María. Xunto con Martiño Noriega, á sesión asistiron o edil de Educación, Manuel Dios, e os concelleiros María Corral, do PP; Paco Reyes e Gonzalo Muíños, do PSOE; e Rubén Cela, do BNG.

Os nenos e nenas dirixiron a maior parte das súas preguntas a Martiño Noriega, para saber se xa de pequeno pensaba en ser alcalde, se lle gusta o seu traballo ou como organiza o seu día a día. Tamén houbo preguntas sobre a organización dos plenos, ou sobre algúns temas de actualidade.

A participación no pleno formaba parte dun traballo das aulas, no que os nenos e nenas simularon un proceso electoral, no que crearon partidos políticos e designaron unha "alcaldesa" do colexio.

Compartir: