ALCALDÍA

Martiño Noriega colabora coa campaña de recollida de fondos da Asociación Española contra o Cancro

01/06/2017 O alcalde achegouse este xoves ata unha das mesas instaladas na cidade pola Asociación Española Contra o Cancro, na súa tradicional campaña de recollida de fondos. Martiño Noriega fixo entrega dun donativo para colaborar coas actividades da entidade, centradas no apoio á investigación sobre unha enfermidade que lle afecta no conxunto do Estado a máis dun millón e medio de persoas.

O alcalde puido saudar a parte da directiva da Asociación Española contra o Cancro, encabezada pola súa presidenta, Luz María Hernández.

Compartir: