ALCALDÍA E MOBILIDADE

A Comisión técnica para a municipalización da ORA e do guindastre volverá reunirse este vindeiro luns

07/04/2017 A Comisión técnica para a municipalización da ORA e do guindastre volverá reunirse o luns. Farao cun único punto na orde do día: a toma en consideración para elevar a Pleno do Estudo e avaliación da memoria xustificativa relativa á modificación da forma de xestión do servizo público de xestión da ORA e do guindastre.

Así se decidiu despois da reunión celebrada hoxe, na que se acordou que non se incorporarán novos informes á memoria que se vén elaborando nos últimos meses.
A do luns será previsiblemente a última xuntanza da comisión, antes de someter ao debate do Pleno da Corporación a xestión dos servizos da ORA e do guindastre a través da empresa municipal TUSSA.

Compartir: