EDUCACIÓN

SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES NA REDE DE CENTROS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

01/05/2021 APERTURA DOS PRAZOS DE MATRÍCULA NOS SERVIZOS DE COMEDOR E DE MADRUGADORES NA REDE DE CENTROS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O CURSO 2023-2024

O Concello de Santiago de Compostela vén de aprobar os prazos de matrícula nos servizos de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

O servizo de comedores e madrugadores organízase polo Concello de Santiago de Compostela no marco dun Convenio de colaboración coa Consellería de Educación para prestar un servizo ás familias con menores a cargo, que favoreza a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, a adquisición de valores e hábitos saudables desde a infancia.

Toda a información para as familias sobre o servizo atópase incluída nos documentos adxuntos.

Compartir: