DEPORTE

XADE acorda reauditar as contas dos exercicios 2013 e 2014

15/02/2016 O Consello de Administración de XADE mantivo unha xuntanza esta mañá despois de dous anos sen reunirse. A última reunión tivera lugar en febreiro de 2014.

XADE, sociedade mixta participada nun terzo polo Concello de Santiago e en dous terzos por iniciativa privada, acordou reauditar as contas dos exercicios pechados 2013 e 2014, así como auditar o exercicio pendente do ano 2015. O obxectivo pasa por regularizar a situación da sociedade mercantil, que aprobou o seu último exercicio contable do ano 2012.

Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos S.L. (XADE) é a sociedade mercantil que xestiona actualmente as instalacións deportivas do Multiúsos Fontes do Sar, a piscina e pistas de pádel e tenis de Sar e o Complexo Deportivo Santa Isabel.

Compartir: