EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O concelleiro de Educación e Cidadanía visita algúns dos centros educativos da cidade

12/02/2016 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, achegouse esta mañá a tres centros escolares dependentes do Concello dentro do seu plan de visitas aos centros.

Manuel Dios visitou o CEIP Pío XII e as escolas rurais de Gaioso-O Eixo e Sisto-Marrozos, onde se reuniu cos seus directores. O concelleiro escoitou as súas demandas e necesidades para incorporar estes centros no plan de obras e melloras da Concellaría.

Compartir: