ALCALDÍA

Concentración de repulsa á agresión homófoba acontecida o pasado luns

12/02/2016 A praza do Obradoiro acolleu este venres unha concentración en repulsa pola agresión homófoba que tivo lugar este luns e en apoio ás vítimas. O alcalde, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación sumáronse ao acto.

Os participantes quixeron así expresar o seu máis enérxico rexeitamento ás agresións homófobas como a sufrida o pasado luns por un cidadán nun establecemento comercial da cidade, á que seguíu o acoso dos agresores no propio centro hospitalario no que a vítima tivo que ser atendido. No acto, no que se despregou a bandeira LGBT, leuse un manifesto de repulsa.

Compartir: