TURISMO

Últimos días do Santiago(é)Tapas

27/11/2015 A oitava edición de Santiago(é)Tapas, o concurso de petiscos de Compostela, finaliza esta fin de semana. O domingo é o último día no que os 69 locais participantes ofrecerán as 109 tapas elaboradas para a ocasión.

Os responsables dos establecementos mostraron a súa satisfacción cos bos resultados que están a obter nesta edición de Santiago(é)Tapas dende o inicio do concurso o pasado día 12.

Este ano Santiago(é)Tapas quixo outorgar maior importancia aos produtos galegos de calidade con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida. Por esta razón, todas as tapas desta edición contan con algún destes produtos entre os seus ingredientes.

Tamén conclúe o Santiago(é)Noite, a oferta complementaria de hostalería nocturna con creacións exclusivas a un prezo único de 3,5 euros para aqueles clientes que mostren o seu tapasporte nos locais participantes.

Concursos
Turkish Airlines, colaborador do Santiago(é)Tapas, promove un concurso de fotografías premiado cun billete de ida e volta a Istambul para unha persoa, entre os que interactúen nas redes sociais do concurso á vez que degustan unha tapa nalgún dos establecementos participantes.

Para iso, acompañando á imaxe, en Twitter deben usar o enunciado "De (nome de local no que están petiscando) a (nome dun destino de Turkish Airlines)" con @santiagoetapas, @TK_ESP e #SANTIAGOETAPAS2015. En Instagram, o enunciado é "De (nome do local no que están petiscando) a (nome dun destino de Turkish Airlines)" con @santiagoetapas, @turkishairlines e #santiagoetapas2015. En Facebook, coa mesma etiqueta, deben seguirse as instrucións na páxina oficial do concurso: fb.com/santiagoetapas.

Ademais, segue aberto o concurso de Coca-Cola Iberian Partners con premios directos ás imaxes con máis faísca, máis simpática e máis creativa. Para participar, os concursantes deberán facer unha fotografía na que apareza calquera das catro botellas de Coca Cola "Contour" (Normal, Zero, Light ou Zero-Zero) aberta, xunto a unha das tapas participantes no Santiago(é)Tapas. Terán que compartila en Facebook ou Instagram empregando a etiqueta #santiagoetapas2015 e mencionando a @ZonaCocaCola e o nome do local.

Premios de Santiago(é)Tapas
Os locais participantes compiten por nove galardóns. O gañador do Premio do Xurado á mellor tapa recibirá un diploma e 500 euros.

Os visitantes aos locais determinarán cos seus votos os tres premiados na categoría de Tapa do Público ‘15, que contan con diploma e contías de 1.000, 800 e 500 euros; o premio (É)xcelente 2015 ao mellor servizo e experiencia global, dotado con 500 euros e diploma; e o premio á "Tapa con máis chispa", creación máis simpática e orixinal, promovido por Coca Cola Iberian Partners e que ten como premio 30 caixas de produto.

Nesta edición de Santiago(é)Tapas tamén hai tres galardóns ás creacións que mellor maridan con cervexa, promovidos por Estrela Galicia. O Premio do Xurado á tapa que mellor marida con cervexa está dotado con 500 euros en produto e diploma; o Primeiro e o Segundo Premio do Público levarán diploma e 100 euros en produto.

Santiago(é)Tapas está coorganizado por Turismo de Santiago e Asociación Hostalería Compostela. Conta co patrocinio do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Cash Record e Coca Cola; a colaboración especial de Estrela Galicia e Turkish Airlines.

Direcciones relacionadas



Compartir: