ALCALDÍA

Compostela, Lalín e Silleda xúntanse para reclamar a rebaixa das peaxes da AP-53

25/11/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu hoxe no Pazo de Raxoi os rexedores de Lalín, Rafael Cuíña, e Silleda, Manuel Cuíña. Foi unha xuntanza solicitada polos alcaldes do Deza, co obxectivo de que os tres concellos sumen forzas para reclamar a rebaixa das peaxes da autoestrada AP-53. Esta petición vaise plasmar nun texto que os tres alcaldes levarán aos plenos das tres corporacións, e que logo lle será trasladado ao Ministerio de Fomento para que realice as xestións oportunas.

O alcalde compostelán lembrou que a AP-53 é unha das autoestradas máis caras do Estado, cunha peaxe de 5,95 euros no tramo entre Santiago e Lalín para os vehículos lixeiros. Estes elevados custos prexudican calquera relación comercial entre Lalín e Silleda coa capital galega.

Compartir: