CONVIVENCIA

A Policía Local formou en educación viaria aos escolares do CEE Manuel López Navalón

24/11/2015 Axentes da Policía Local desprazáronse este martes ata o Centro de Educación Especial Manuel López Navalón, para impartir formación sobre educación viaria aos alumnos e alumnas deste centro compostelán. Organizados en dous grupos, os escolares participaron nunha charla sobre educación viaria e tamén no programa "Coñece a túa cidade".

A educación viaria é o mellor camiño para a formación dunha conciencia viaria, forma parte da educación social e é unha base eficaz de actuación cidadá. Trátase de crear hábitos positivos e actitudes responsables de convivencia, de calidade de vida, de calidade ambiental e sobre todo de seguridade viaria. Todo isto co fin de rebaixar os índices de sinistralidade que anualmente se producen, prestando especial atención aos colectivos máis vulnerables, como son os nenos, as persoas maiores e as persoas afectadas por algún tipo de discapacidade.

Compartir: