CENTROS SOCIOCULTURAIS

Remata o programa "Imos de excursión 2015" cunha viaxe de Nadal a Portugal

24/11/2015 A Concellaría de Acción Cultural pecha a programación Imos de excursión 2015 este 13 de decembro coa xa clásica saída a Portugal, para que as persoas maiores de 55 anos gocen dunha xornada de encontro. Dende este martes, 24 de novembro, a partir das 17:00 horas, está aberto o prazo de inscrición nos centros socioculturais.

A excursión contempla unha visita guiada ao centro histórico de Ponte de Lima e un xantar concertado nunha quinta. Haberá xantar concertado e típico ao modo portugués, incluído no prezo da viaxe, que é de 30 euros por persoa, incluíndo transporte, seguro e a guía.

As persoas interesadas deben achegarse aos centros socioculturais para inscribirse e cada participante poderá solicitar un máximo de dúas prazas. Esta excursión está dirixida á público maior de 55 anos (agás aqueles que sexan acompañantes de persoas que o poidan requirir).

Documentos relacionados



Compartir: