CONVIVENCIA

O Goberno local ultima o operativo para afrontar as xeadas do inverno

24/11/2015 O Concello de Santiago está ultimando o operativo para afrontar as posibles xeadas do inverno. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presidiu este martes unha xuntanza coa Policía Local, Protección Civil e os técnicos de Urbaser, na que se revisou o protocolo de intervención ante neve ou xeo. Ademais, na reunión quedou constancia de que o Concello xa ten almacenadas cinco toneladas de sal para botar polas estradas cando sexa necesario.

O protocolo de intervención deseñado ten como obxectivo previr ou minimizar as consecuencias derivadas da presenza de xeo ou neve. Nel establécense tres niveis de alerta, en función das rúas nas que se poderían detectar os problemas.

Nivel de Alerta 1 (previsión leve de xeo ou neve):
- Costa de San Marcos, desde a entrada do Monte do Gozo ata a Capela.
- Vial Camilo José Cela, desde a rotonda da BMW ata o Polígono do Tambre.
- Estrada de Chaián ata o Polígono do Tambre.
- Accesos ao Hospital Clínico (Cantaleta e Vitoria Míguez).
- Accesos ao Hospital Provincial (Ramón Baltar).
- Xoán XXIII, desde Lino Villafínez ata a Praza da Paz.
_Costa de Santa Isabel.

Nivel de Alerta 2 (engádense ás anteriores as seguintes rúas):
- Amio e accesos ao Polígono de Costa Vella.
- Vía Edison.
- Salgueiriños e Meixonfrío.
- Avenida Rodríguez de Viguri.
- Mestre Mateo.
- Costa de San Francisco.
- Estrada de San Marcos, desde San Lázaro ata Lavacolla.
- Acceso de Torrente Ballester ata a rúa Roma.
- Accesos ao Polígono de Costa Vella.

Nivel de Alerta 3 (engádese ás anteriores as seguintes rúas:
- SC-20, desde o Milladoiro ata o Polígono.
- N-550, desde Sigüeiro a Meixonfrío.
- C-543, desde rotonda de Lamas ata Vidán.
- Rosalía de Castro, Xoán Carlos I,Senra, Virxe da Cerca e Trompas.
- Vial Filgueira Valverde, desde Vidán ata a Rocha.
- AG-56, desde a Rocha ata Laraño.
- Acceso á Cruxeira desde Torrente.
- Restollal.
- Entrada e saída do cuarto xiro de Cornes desde Camilo Otero.
- Avenida de Castelao e Burgo das Nacións.
- Ánxel Casal e Camilo Díaz Baliño.
- Rotonda Bernardo Barreiro.
- Estrada desde Ponte do Romaño ao Queiroal.
- Rodas, San Roque e Basquiños.
- Canteira de Arriba e Canteira de Abaixo.
- Benéfica de Conxo.
- Lermo.
- Fontiñas (rúas Berlín, París, Roma e Lisboa, Monte dos Postes e accesos a túnel de Área Central).
- Cancelas e zona de Mallou e Pulleira.
- Sar, Canteiras de Sar, Cruceiro de Sar e Diego Bernal.
- Camiño dos Vilares.
- Distintas parroquias do municipio.

A maiores, o operativo contempla as seguintes zonas peonís, nas que se espallaría sal, no caso de que se detectaran placas de xeo:

- Beirarrúa de Mestre Mateo.
- Escalinata da rúa Melide.
- Escalinata San Lázaro a Monte do Gozo.
- Beirarrúas de Hortas e Costa do Cristo.
- Acibechería, Inmaculada e Arco de Palacio.
- Fonte Sequelo, Xelmírez e Praterías.
- Beirarrúas de Castrón D´Ouro e Patio de Madres.
- Beirarrúas de García-Sabell.
- Beirarrúas de Trompas.

Compartir: