ALCALDÍA

O alcalde reúnese coa directiva do Club Financeiro

08/10/2015 A entidade expresoulle a Martiño Noriega o seu respaldo ás reivindicacións de infraestruturas para Compostela.

O alcalde recibiu hoxe a parte da directiva do Club Financeiro de Santiago de Compostela, nunha reunión na que as dúas partes puxeron sobre a mesa diversos asuntos que lles afectan á cidade. Un dos temas centrais da xuntanza foron as infraestruras.

O presidente de Club Financeiro ofreceulle ao rexedor o seu respaldo ante as peticións que sexa preciso facerlle ao Ministerio de Fomento, en especial en relación ás obras de ampliación da AP-9. Neste sentido, Roberto Pereira apoia as demandas realizadas por Martiño Noriega, para que esta actuación sexa aproveitada para executar o orbital e o enlace coa Cidade da Cultura.

Ademáis, o alcalde e os responsables do Club Financeiro de Santiago falaron de política aeroportuaria, e abordaron a necesidade de mellorar as canles de comunicación entre a sociedade civil e o Concello.

Na reunión participaron o alcalde, Martiño Noriega, o presidente do Club Financeiro de Santiago de Compostela, Roberto Pereira, o vicesecretario da entidade, José María Fernández, e a vogal, Rosa Blanca Rodríguez.

Compartir: