TURISMO

Os concellos de Santiago e A Coruña volven reunirse na capital para pechar fórmulas de coordinación aeroportuaria

07/10/2015 A concelleira de Turismo, Marta Lois, celebrou unha segunda xuntanza co seu homólogo na cidade herculina, Alberto Lema.

A concelleira de Turismo mantivo unha reunión co edil de Emprego e Economía Social de A Coruña, Alberto Lema, para avanzar na coordinación aeroportuaria. Na reunión tamén participou o concelleiro de Medio Rural, membro do Consello de Administración de Incolsa e coñecedor do aeroporto compostelán, Rafa Peña.

Marta Lois asegura que "foi un encontro cun alto nivel de entendemento no que se puxeron en común os mapas de rutas de cara a pechar a coordinación entre Alvedro e Lavacolla no que se refire a conexións nacionais e internacionais". Marta Lois lembra que a política aeroportuaria non é competencia muniwcipal, pero si se poden artellar sistemas de racionalización de recursos públicos que permitan superar a competencia entre cidades e se aposte, definitivamente, pola coordinación.

Compartir: