CULTURA

The Cyborgs, Ben Poole, The Buttshakers, Cedric Burnside e Guadalupe Plata + Hendrik Röver & Los Míticos GT’s nos últimos concertos de 2015 do ciclo Blues Nite by 1906

06/10/2015 As entradas, 12€ anticipada e 15€ o día do concerto poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, en A Reixa Tenda, Miranda, ticketea.com e salacapitol.com.

A directora-xerente en funcións do Auditorio de Galicia, Silvia Modia, e Diego López Curros de Idea Rock presentaron esta mañá a programación do ciclo Blues Nite by 1906 no que queda de ano. Ao concerto de The Cyborgs que celebramos xa o pasado 18 de setembro únense agora no mes de outubro Ben Poole, o venres 16, e The Buttshakers o xoves 29. E xa en novembro estará Cedric Burnside o venres 20 e pechamos o programa do 2015 o venres 27 con Guadalupe Plata + Hendrik Röver & Los Míticos GT´s. Todos os concertos serán na Sala Capitol ás 21.30 h e as entradas teñen un prezo de 12 € (anticipada) e 15 € o día do concerto. Están xa á venta no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18.00 a 21.00 h), A Reixa Tenda, Miranda, ticketea.com e salacapitol.com.

BEN POOLE. Venres 16 de outubro
Ben Poole, a nova revelación do bluesrock británico, sorprendeu a propios e estraños na súa última xira por España ofrecendo espectáculos de máis de 2 horas onde a súa guitarra e voz falaron por si soas. Agora regresa para presentarnos o seu incrible novo traballo en directo "Live At The Royal Albert Hall". Ben está influenciado polo blues pero á súa vez infundiu ao seu estilo un contundente enfoque do rock. Nos últimos anos está a falarse del como un dos maiores talentos da guitarra en Europa. Foi nomeado nos Premios de blues británico (British Blues Awards) en 2011 e 2013 na categoría de "mellor guitarra solista", e representou ao Reino Unido no 2012 no" Blues Challenge" europeo en Berlín, onde quedou terceiro entre os seus 19 competidores.

Nos últimos anos Ben estivo tocando no Reino Unido e nalgúns dos festivais mais grandes de Europa, incluíndo dúas aparicións no lendario festival de Glastombury. Tamén foi visto por uns espectadores asombrados polo seu rock clásico no Festival de Rock de Rodas, en Grecia. Cativando á multitude no tamén coñecido festival de Blues de Sierre e no lendario Blue Balls Festival en Suíza. Ademais disto Ben vira asiduamente por Europa en salas e festivais de Alemaña, Holanda, Bélxica, Suíza, Grecia, República Checa e o Reino Unido.

THE BUTTSHAKERS. Xoves 29 de outubro
Rhythm & Blues, dosis de garaxe, e un gran sex-appeal fan que as súas cancións sexan como potentes golpes de calor, convertendo os seus espectáculos nunha quente e furibunda pista de baile. Liderados pola enerxía e a feiticeira voz da sedutora e carismática riot-girl Ciara Thompson, os Buttshakers están creando o seu propio camiño a base dun cálido, e cru rhythm and blues, con esencia do mellor da música soul que tanto aman.

Despois do seu primeiro álbum en 2011, "Headaches & Heartaches", que serve para descubrir á banda e os leva a percorrer de arriba abaixo as estradas europeas e un EP chamado "Wicked Woman" en 2013, gravado no Yeah Yeah Yeah Estudio en Hamburgo (Alemaña) co selo CopaseDisques, os Buttshakers lanzaron o seu segundo álbum chamado "Night Shift" en 2014. Sempre co Blues e o Soul de alta graduación nas súas veas, este álbum recorda o mellor de Sharon Jones, Charles Bradley, James Brown...

CEDRIC BURNSIDE. Venres 20 novembro
O gañador en 4 ocasións do galardón a mellor batería do mundo no Blues Music Awards, Cedric Burnside aterra por primeira vez en España presentando o seu incrible novo disco, ‘Descendentes of Hill Country’, e demostrándonos por que bandas con John Spencer Blues Explosión, Bobby Rus, North Mississippi All Stars… gravaron e xiraron con el e din que ten o verdadeiro beat de Mississippi, como o tiña o seu avó R.L. Burnside. Con 13 anos, Cedric xa xiraba sen parar co seu avó, o lendario bluesman do Missisippi RL Burnside, e dende entón non cesou no empeño de renovar a música dos seus pais: o Hill Country Blues. Pese á súa xuventude o currículo de Cedric é impresionante en canto a participación en gravacións e xiras con toda a escena do blues de raíz no Sur dos Estados Unidos.

Aínda que o seu instrumento de referencia sempre foi a batería, Cedric como bo bluesman tamén demostra coa guitarra e a voz as influencias que recolleu do seu avó e outros guitarristas e músicos de blues. Dende o 2011 grava e xira co guitarrista e baixista Trenton Ayers. A súa carreira discográfica completase cos discos "Allison Burnside Express" (2014) gravado con Bernard Allison, fillo doutro mítico guitarrista e bluesamerican, Luther Allison. Estamos ante un dos novos talentos e o máis "Groove" da nova escena do blues que segue brotando no delta do Mississippi, de xeración en xeración, e que chega por primeira vez a Galicia.

GUADALUPE PLATA + HENDRIK RÖVER & Los Míticos GT´s. Venres 27 de novembro
Guadalupe Plata, son un trío de blues-rock de Úbeda. O seu discurso baseado na forza, o surrealismo e un son totalmente orgánico levounos a cultivar grandes éxitos de crítica e público. Desde o 2013 non pararon de xirar en Europa e América. No 2015 publicaron o seu terceiro disco, como todos titulados co mesmo nome do grupo, que a propia banda presentou con este enigmático comunicado:

"Londres, 14 de decembro 2014. Guadalupe Plata volve de madrugada á casa vitoriana onde a banda se hospeda, á sombra dunha enorme, redonda igrexa en desuso que se aluga para raves. Levan guitarras, bombo e barreño - acaban de presentar estas cancións novas ao seu aloucado público nun repleto soto de Soho. A casa queda a un quilómetro do estudio Toerag onde pasaron os últimos cinco días gravando os once temas do disco. Cinco días gravando o son dunha sala a cintas dunha polgada; seis micros, tres vellos amplificadores, e dúas cintas de media hora cada unha, sinalando ao produtor, Liam Watson con dedos e polgares, a través dunha enorme xanela de cristal groso. Liam coas súas follas de afeitar, cortando a cinta onde empeza e acaba a toma. E esta madrugada por fin ven o sol. Quedan alí, escoitando a premestura das oito pistas nun laptop. Levántase o sol ese domingo, e a banda déitase. A merda é boa, din, a durmir, que é domingo".

Hendrik Röver, voz, guitarra e alma dos Deltonos, comezou hai 10 anos unha carreira en solitario para dar renda solta á súa afección polas cancións tristes, o country e os sons de raíz norteamericana. Acompañado de Goyo (batería) e Toño (contrabaixo), constitúen Hendrik Röver & Los Miticos GT’s, unha das formacións máis notables, alleas ás modas, e cunha linguaxe propia que asuca os camiños do blues.

Compartir: