POLÍTICAS SOCIAIS

Éxito da masterclass de zumba a beneficio dos refuxiados sirios

04/10/2015 Compostela é unha das cidades galegas que respalda este evento, para recadar fondos para Médicos sen Fronteiras.

Unhas 200 persoas achegáronse esta mañá ata o Palacio de Congresos e Exposicións para participar nunha masterclass de zumba a beneficio de Médicos sen Fronteiras. O obxectivo último era recadar fondos para axudarlles aos refuxiados sirios.

O evento estivo conducido por 18 instrutores voluntarios chegados de Compostela e doutras partes de Galicia. Para asistir, só era preciso facer unha doazón de cinco euros, no caso dos maiores de 12 anos. Os menores desa idade, podían facer a achega que desexaran. Ademáis, os organizadores puxeron á venda rifas para o sorteo de diferentes agasallos, tamén co obxectivo de recadar fondos para Médicos sen Fronteiras. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, quixo sumarse á masterclass para explicitar o respaldo de Compostela a esta iniciativa, que se vai repetir noutras cidades galegas dende hoxe ata o vindeiro día 11.

Compartir: