ALCALDÍA

María Rozas recibiu os participantes no LVIII Curso Internacional "Música en Compostela"

05/08/2015 A alcaldesa en funcións, María Rozas, recibiu en Raxoi os participantes na LVIII edición do Curso Universitario Internacional Música en Compostela, que se celebra entre o 2 e o 15 de agosto. 99 alumnos e alumnas de 15 países participan nesta edición, que novamente inclúe diversos concertos.

Organizado ininterrompidamente dende 1958, o Curso Internacional Música en Compostela ofrece ensinanzas en varias especialidades musicais e unha serie de concertos especiais. Un exemplo destes é o concerto que nesta mesma xornada ofrece a Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia, baixo a dirección de Maximino Zumalave.

Compartir: