ALCALDÍA E MOCIDADE

O Concello colabora un verán máis co campamento urbano do Centro Don Bosco

03/08/2015 A alcaldesa en funcións, María Rozas; a concelleira de Mocidade e Deporte, Noa Morales e outros membros da Corporación recibiron en Raxoi os participantes nas actividades de verán do Centro Xuvenil Don Bosco. Máis de 80 nenos e nenas puideron coñecer a Casa do Concello e preguntar sobre o seu funcionamento.

O Concello de Santiago colabora cada ano con Don Bosco no seu campamento urbano, pensado fundamentalmente para rapaces que non poden saír de Compostela nas vacacións do verán, por razóns económicas ou laborais dos pais. É gratuíto para os participantes, aínda que as familias que así o consideren poden realizar achegas voluntarias para sufragar os gastos desta proposta.

Rapaces e rapazas de 8 a 14 anos, en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas participan e obradoiros, visitas culturais, actividades deportivas, xogos, baño, dinámicas. Este campamento urbano desenvólvese do 3 ao 7 e do 10 ao 14 de agosto.

Nestas mesmas datas, pero para nenos e nenas de 4 a 7 anos, o Centro Xuvenil Don Bosco organiza a proposta denominada "Sanpedrines", con actividades dende as 10:00 ás 14:00 horas. Neste caso, os pais si deben pagar unha cota.

Compartir: