FESTAS

A orixinal mestura de estilos de Lila Downs cativou o público que encheu a Quintana

27/07/2015 As festas do Apóstolo entran na súa recta final. Esta primeira xornada da última semana de festexos pechouse co concerto de Lila Downs, que tocou en Santiago os temas do seu último disco, Balas y chocolate, baseado na particular relación que os mexicanos teñen coa morte, combinados con algúns dos seus máis coñecidos éxitos e coas súas particulares versións de cancións tradicionais.

Lila Downs cantoulle á esperanza e a un porvir mellor para todos, ao amor, ao desamor; á paixón e á sensualidade, pero tamén á xustiza, á igualdade e á liberdade, co fío condutor da especial relación dos mexicanos coa morte. Así son os temas Balas y chocolate, pero no concerto tampouco faltaron o rock, o blues, as cumbias ou as rancheiras, plasmando esa orixinal e innovadora fusión de estilos que, sempre reivindicando as súas raíces, fan a Lila Downs unha artista única.

Compartir: