ACCIÓN CULTURAL

Continúan as actividades de Vive o Verán

14/07/2015 Nova semana de actividades no programa sociocultural Vive o verán. Este martes, os 120 rapaces e rapazas que participan nas Mañás de verán e de xogo realizan un tramo do Camiño de Santiago nos arredores de Padrón.

Os participantes farán unha visita guiada ao xardín botánico da localidade e recibirán o diploma da Pedronía pola visita, acompañados por monitores e por membros de Protección Civil de Padrón. Regresarán a Santiago dende Padrón empregando o tren, medio novidoso para moitos destes nenos e nenas.

Obradoiro, saída a Cerceda e títeres
Este martes tamén continúan os obradoiros para familias con bebés Un mundo de sensacións. A cita é na Casa das Asociación de Cornes ás 17:30 horas. Participará un máximo de 12 familias.

E xa o xoves 16, nova saída ao parque acuático de Cerceda. Participarán 50 rapaces e rapazas de 7 a 14 anos inscritos dende hai días, que gozarán dunha xornada completa nestas instalacións na compaña de monitores especializados.

A programación de Vive o verán seguirá o venres 17 coa representación no Centro Sociocultural das Fontiñas, ás 12:00 horas, da obra de títeres As aventuras de Tolín, a cargo da compañía Cascanueces. Nesta mesma xornada, visita guiada á exposición de títeres que alberga este CSC ata o 24 de xullo para os rapaces das Mañás de verán dos CSC de Vite, Santa Marta e Fontiñas.

Compartir: