MEDIO RURAL

O Concello de Santiago súmase á defensa do sector lácteo de Galicia

06/07/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial, Rafael Peña, asistiron no edificio Cersia ao acto de constitución da Plataforma en Defensa do Sector Leiteiro de Galicia.

Esta Plataforma xorde a iniciativa das principais organizacións agrarias co obxectivo de fixar un calendario de mobilizacións para reclamar a recollida do leite e uns prezos dignos.

Compartir: