ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal dedica o concerto deste xoves á música de raíz folclórica

02/07/2015 A Banda Municipal de Santiago, como é habitual durante o verán, ofrece outro dos seus concertos do xoves. A partir das 20:00 horas, na praza das Praterías, a formación, baixo a batuta do director convidado David Fiuza, interpretará un programa titulado Mosaico folclórico.

O deste xoves é un programa de música de raíz folclórica, no que se establece unha fantástica e nutrida relación na alternancia entre dúas fontes folclóricas de procedencia ben diferenciada, escritas por dous grandes mestres, coetáneos, de principios do século XX: por un lado, o folclore español baseado na música de Albéniz, e traído ao repertorio bandístico da man do mestre Más Quiles e, por outra banda, a música tradicional americana, da man de Gerswhin.

Compartir: