CULTURA

Cancelado o concerto de Ñu previsto para o 6 de xuño dentro do Compostela Rock

29/05/2015 A banda Ñu e a promotora que o xestiona veñen de comunicar á Concellería de Cultura que se cancela o seu concerto previsto na Sala Capitol o vindeiro 6 de xuño e que estaba dentro da programación do noso ciclo Compostela Rock. Vense na obriga de levar a cabo esta cancelación por cuestión técnicas da xira.

Todos aqueles que tiveran xa a entrada mercada teñen desde hoxe e ata o 15 de xuño de prazo para solicitar a súa devolución a través do mesmo sistema polo que a adquiriran, ben online ou ben de forma presencial nos despachos de billetes.

Ñu, a banda de Jose Carlos Molina, celebra este ano os seus 40 anos de historia por algunhas cidades españolas, cun setlist especial baseado nos temas mais representativos e "duros" da súa carreira e en Compostela ía facelo acompañado de Pölisong, auténtico hard rock de A Coruña. Banda e promotora traballaran conxuntamente dende hoxe para restablecer unha nova data na que os fans galegos poidan celebrar os 40 anos de Ñu.

Compartir: