CENTROS SOCIOCULTURAIS

Obradoiro coa poeta María Lado e encontro co editor Quique Alvarellos no marco do programa "Ler, contar e gozar coas letras"

28/05/2015 Dentro do programa Ler, contar e gozar coas letras, a Concellería de Cultura preparou varias cintas nestes próximos días nos centros socioculturais: un obradoiro coa poeta María Lado, un encontro co editor Quique Alvarellos e un taller de escritura creativa.

Este venres 29 de maio, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural de Santa Marta, celebrarase o obradoiro infantil Poesía e xogo, dirixido a nenos de 7 a 12 anos. Será conducido pola poeta María Lado, con entrada libre ata completar a capacidade da aula de xogo.

Xa para a vindeira semana, o martes 2 de xuño, está prevista unha nova sesión de Café con libro, desta vez na compaña do editor Quique Alvarellos, que nos levará pola arte de combinar o faladoiro e a lectura. Será a partir das 19:00 horas no CSC de Santa Marta, con entrada libre.

Ademais, o luns 1 de xuño dará comezo no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche o obradoiro de escritura creativa para adultos que se desenvolverá os días 1, 8 e 15 de xuño ás 19:00 horas.

Compartir: