CULTURA

A Banda Municipal de Música interpreta en Santa Marta algunhas das bandas sonoras máis coñecidas da historia do cine

22/05/2015 A Banda Municipal de Música de Santiago trasládase este domingo 24 de Maio, ás 12:30 horas, á Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta. Alí realizará un concerto con entrada de balde ata esgotar o aforo.

O repertorio que interpretará a Banda Municipal, baixo a batuta do director adxunto, Casiano Mouriño, repasará algunhas das bandas sonoras orixinais de películas históricas do cine, como Star Wars, Superman, Harry Potter, Piratas do Caribe ou Indiana Jones. En todas elas poderemos gozar dunha selección representativa de imaxes de cada filme.

Documentos relacionados



Compartir: