EDUCACIÓN

Os alumnos de infantil da Escola Municipal de Música ofrecen un concerto este domingo

22/05/2015 O Auditorio do Centro de Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) acolle este domingo 24 de maio, a partir das 12:00 horas, o concerto didáctico co que os alumnos de infantil da Escola Municipal de Música de Santiago amosarán ao público todo o aprendido durante este curso.

Baixo as ordes da directora Olaia Novo, este concerto didáctico arredor da música vocal, ten como finalidade achegar o alumnado máis novo ao mundo da voz e o canto coral.

Máis de 40 alumnos e alumnas de entre 8 e 10 anos, interpretarán un programa relacionado coa música e a auga, no que haberá pezas referidas á tradición mariñeira e aos cantos de sereas, e pezas que mesturan a temática acuática con conceptos corais como o canto a varias voces e o canon.

A entrada e gratuíta e as prazas están limitadas ata completar o aforo da sala.

Compartir: