ALCALDÍA

Celebrado en San Lázaro e no Monte do Gozo o Campionato de España de Enduro

26/04/2015 Santiago de Compostela acolleu esta fin de semana a terceira proba do Campionato de España de Enduro. A competición contou coa participación duns 180 pilotos, que durante o sábado e o domingo realizaron diversas especiais nos circuítos habilitados nas inmediacións do Estadio de San Lázaro e no Monte do Gozo.

Despois das últimas carreiras realizadas pola mañá, celebrouse a cerimonia de entrega de premios, presidida polo alcalde de Santiago, Agustín Hernández.

Compartir: