EDUCACIÓN

A Concellería de Educación organiza unha sesión de contos para bebés este sábado

24/04/2015 A Concellería de Educación organiza este sábado 25 de abril unha sesión de contos especialmente deseñada para nenos e nenas de entre 0 e 3 anos, acompañados das súas familias, baixo o lema "Do Berce á Lúa", dentro da programación da XV Campaña Municipal de Animación á Lectura, que comprende diferentes actividades.

A Galería Sargadelos acolle esta iniciativa, que conta con dúas sesións: unha ás 11:30 e outras 12:30 horas, á que está previsto que asistan máis dun cento de persoas que previamente solicitaron a súa participación. As prazas están cubertas para ambas sesións.

A Campaña Municipal de Animación á Lectura, que leva por título "Ler é voar", está baseada no traballo de Federico Delicado, que gañou o VII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, convocado polo Departamento de Educación e a Editorial Kalandraka.

Esta iniciativa, que xa vai pola súa XV edición, desenvolverase ata o 9 de maio e comprende un conxunto de iniciativas en prol da animación á lectura para as familias, o profesorado e os nenos e as nenas de Santiago.

Este ano participan os seguintes colexios: C.R.A de Oroso, E.I.M. A Ulloa, E.E.I A Igrexa, E.E.I. Sabaxans, C.E.I.P Sigüeiro, A inmaculada, E.I Paparolo, Dolores Ramos- M. Peleteiro, La Salle, Santa Apolonia, S. Jose de Cluny, Divino Maestro, C.E.I.P Pío XII, Compañía de María, C.E.I.P Raiña Fabiola, C.E.I.P López Ferreiro, Nosa Sra de los Remedios, San Pelayo, C.P.R. Juventud, E.I. Agasalle, E.I Snoopy, Kid´s Garden, E.E.I.I Cativos, E.I San Roque, E.I. Fontiñas, C.E.I.P Ramón Cabanillas, San Francisco Javier, CEIP As Fontiñas, C.E.I.P. Arquitecto Casas Novas,C.E.I.P Mestre Xixirei, C.E.I.P. Apóstolo Santiago, C.E.I.P Lamas de Abade, Colexio Vilas Alborada, C.P.R San Jorge, C.E.I.P Monte dos Postes, E.I. Pequerrechos, E.I.M Meixonfrío, E.I.M Conxo, C.E.I.P Roxos, C.E.I.P Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios, E.E.I. Os Anxeles, E.E.I. do Rial, E.E.I. A Igrexa, Casa do Neno, E.I.M A Madalena, Colexio A Raiola, C.E.I.P De Vite I, C.E.I.P Plurilingüe de Vedra, C.E.I.P Pedrouzos, C.E.I.P Pumar C.E.I.P Oroso.

O Departamento de Educación co Concello de Santiago amosa a súa satisfacción pola importante acollida e pola repercusión desta iniciativa municipal, que anima a seguir traballando, dando continuidade a novas propostas educativas que tanta aceptación teñen nas bibliotecas, nas librarías, entre as nenas e nenos, nas familias, e entre a cidadanía de Compostela; pero sobre todo, na comunidade educativa, especialmente no profesorado que participa activamente cada ano, contribuíndo a achegar a lectura aos máis pequenos.

Tendo en conta a importancia de animar a ler dende as idades máis temperás para a creación dun hábito lector, entre todos conséguese que máis de 55.000 escolares leven participado nesta iniciativa municipal de animación á lectura ao longo destas 15 edicións.

Compartir: