ALCALDÍA

O alcalde destaca o labor do equipo comunitario do barrio das Fontiñas para "lograr unha convivencia positiva entre as familias, na escola e entre os veciños"

21/04/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu no Palacio de Congresos e Exposicións á conferencia "Ser mozo hoxe", impartida polo psicólogo Javier Urra, enmarcada no programa A nosa vida en positivo, promovido pola Concello en colaboración co equipo comunitario do barrio de Fontiñas. Asistiron a esta charla alumnos e alumnas de primaria e secundaria dos centros educativos da cidade. Pola mañá, esta conferencia impartiuse a escolares do CEIP das Fontiñas e Monte dos Postes e do IES Antonio Fraguas.

Agustín Hernández destacou o traballo realizado polo equipo comunitario do barrio das Fontiñas para "lograr unha convivencia positiva entre as familias, na escola e entre os veciños". Así, indicou que "o seu obxectivo principal é potenciar os valores de respecto á la diferencia e aos dereitos de cada persoa, na busca de lograr e manter un clima de harmonía e entendemento que contribúa a elevar a calidade de vida da veciñanza".

Lembrou que estas actividades, inicialmente dirixidas ao entorno deste barrio de Fontiñas, se abriron e orientaron ao conxunto do municipio, ofrecendo a "posibilidade de compartir experiencias e coñecementos a outros colectivos e persoas, e con iso incrementar a difusión e ovalor formativo e informativo desta grande iniciativa".

O alcalde foi o encargado de presentar ao conferenciante, Javier Urra, ao que cualificou coma "un dos máis prestixiosos psicólogos de España, especializado no mundo da adolescencia e das sempre difíciles relacións entre pais e fillos". Deste profesional navarro destacou que foi psicólogo forense da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e do Xulgado de Menores de Madrid. É doctor en Psicoloxía e pedagogo terapeuta, exercendo de profesor na Universidade Complutense de Madrid. Preside a Asociación Iberoamericana de Psicoloxía Xurídica.

A súa especialización no mundo da infancia e da adolescencia fixo que tivera que acudir en diversas ocasións ao Congreso e ao Senado para asesorar nestas materias e que actuara tamén como representante español en foros internacionais como as Nacións Unidas ou o Parlamento Europeo. Tamén desempeñou cargos institucionais de gran relevancia pública, como Defensor do Menor na Comunidade de Madrid (entre 1996-2001) ou presidente da Rede Europea de Defensores do Menor (1999-2001).

Colaborador de distintos medios de comunicación, é autor de decenas de artigos en revistas científicas e profesionais e en periódicos e revistas. Escribiu numerosos libros relacionados coa psicoloxía forense e coa infancia. Na súa última obra, publicada este mesmo mes de abril, baixo o título de El pequeño dictador crece. Padres e hijos en conflicto, aborda as difíciles relacións filio-parentais, que constitúen un problema crecente na actual sociedade española.

Compartir: