TURISMO E DEPORTES
Malia o número de inscritos e a súa diversidade de procedencias, a organización non se fixa un obxectivo concreto de participantes para esta primeira edición. O obxectivo é que todos os participantes, xa sexan atletas populares con anos de experiencia ou novos afeccionados que están descubrindo as múltiples virtudes do running, gocen dunha experiencia única, deportiva e turística.
O circuíto de carreira, de 10 quilómetros, pasará por varias das rúas principais do Casco Histórico e do centro da cidade. Tamén pasará pola Alameda, onde se poderán contemplar unha das mellores panorámicas do Casco Histórico e da Catedral. A carreira rematará na propia praza do Obradoiro.
A saída será o sábado 9 de maio ás 22:00 horas e estímase o peche da carreira ás 23:30 horas. A data e a hora da carreira están pensadas para incentivar tamén que participantes e os seus amigos e familiares procedentes doutros lugares de Galicia e España poidan pasar unha fin de semana na cidade, unindo deporte e turismo. As inscricións para SantYaGo10K poden realizarse a través de dúas canles: na páxina web do evento, www.santyago10k.es, ou presencialmente, nas recepcións do Multiúsos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel.
A carreira nace da man do Club de Atletismo Fontes do Sar que, logo de participar en ducias de carreiras en toda España, deseñou unha cita pensando nos corredores populares e tomando os mellores detalles dunha multitude de probas de todo tipo.
SantYaGo10K ten tamén unha vocación solidaria que quere amosar o espírito social e colaborativo dos afeccionados ao running. Todos os participantes na carreira poderán entregar alimentos non perecedoiros no momento de recoller o seu dorsal. Os alimentos que se recollan doaranse ao Albergue Xoán XXIII, proxecto social da Orde dos Franciscanos en Santiago.
Máis de 600 corredores populares de 17 provincias xa se inscribiron na carreira nocturna SantYaGo10K
18/04/2015 A primeira carreira nocturna SantYaGo10K reunirá en Santiago a corredores populares de polo menos 17 provincias españolas. Ata o momento xa se inscribiron máis de 600 persoas, cando aínda restan tres semanas para a carreira, que será o nove de maio. A maior parte dos afeccionados ao atletismo inscritos son galegos, con persoas das catro provincias, pero é destacable a diversidade de procedencias do resto de España.
É previsible que nos vindeiros días o número de inscritos continúe aumentando a un bo ritmo xa que o prezo de inscrición será de seis euros ata o domingo 26 de abril, cun desconto especial para todos os abonados ao Multiúsos Fontes do Sar, que poderán inscribirse por só tres euros. A partires do 27 de abril, o prezo de inscrición será de 12 euros para todos os participantes. O prazo de inscrición remata o 3 de maio.Malia o número de inscritos e a súa diversidade de procedencias, a organización non se fixa un obxectivo concreto de participantes para esta primeira edición. O obxectivo é que todos os participantes, xa sexan atletas populares con anos de experiencia ou novos afeccionados que están descubrindo as múltiples virtudes do running, gocen dunha experiencia única, deportiva e turística.