XUNTA DE GOBERNO

O Concello destina 135.000 euros para a contratación de bolseiros por parte de empresas do ámbito do Urbana Norte

17/04/2015 A Xunta de Goberno aprobou as bases reguladoras da convocatoria de 2015 de subvencións a empresas privadas para o financiamento de bolsas para o acceso a persoal especializado como vía de mellora da competitividade. A convocatoria está dotada cun orzamento de 135.000 euros.

"Este proxecto, enmarcado no programa Urbana Santiago Norte e cofinanciado nun 80% polo FEDER, pretende que as empresas radicadas na zona norte da cidade do sector da hostalería, do comercio e dos servizos profesionais, se poidan beneficiar dun programa específico de incentivos para a contratación e a mellora da posición competitiva a través do emprego de persoal especializado, mozos e mozas de entre 18 e 25 anos, con título universitario o de formación profesional", explicou Agustín Hernández.

A duración das prácticas non laborais do persoal contratado, poderá oscilar entre os tres e os seis meses e rematarán en todo caso antes do 30 de setembro de 2015.

Segundo aclarou o alcalde, "nas bases contémplase a posibilidade dun pagamento a conta para os convenios de seis meses, sempre que transcorran os tres primeiros, para evitar que as pequenas e medianas empresas que concorran ás subvencións teñan que soportar as posibles cargas do financiamento das bolsas ata a súa finalización".

Documentos relacionados



Compartir: