CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS

Nova cita co programa "Imos ao baile" na Casa das Asociacións de Cornes

05/03/2015 Este sábado 7 de marzo hai unha nova cita co programa "Imos ao baile". Será na Casa das Asociacións de Cornes entre as 17:00 e as 20:00 horas.

As Concellarías de Cultura e de Relacións Veciñais convidan os veciños e veciñas a pasar unha tarde de festa amenizada polo grupo Élite. A actividade está dirixida a público adulto e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Compartir: