PLENO

Santiago adhírese á Red Innpulso para seguir promovendo accións en materia de ciencia e innovación na xestión pública

04/03/2015 A Corporación municipal aprobou por unanimidade a adhesión de Santiago de Compostela á Red Innpulso (Rede de Cidades da Ciencia e a Innovación). Esta incorporación é posible tras a concesión a Compostela da distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación, recollida o pasado 9 de febreiro pola concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, e requisito imprescindible para formar partes desta Red Innpulso, promovida polo Ministerio de Economía e Competitividade.

Pertencer á Red Innpulso supón o fomento de proxectos colaborativos entre os municipios integrados, a promoción internacional en eventos internacionais relacionados coa I+D+i e a consideración preferente para a ubicación de instalación científicas e tecnolóxicas ou a priorización destas cidades como lugares preferentes, congresos ou seminarios dos organismos públicos de investigación.

Santiago adquiriu a distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes. Na mesma cita recibiron este galardón outras 14 cidades, coas que xa son 56 as cidades grandes, medianas e pequenas recoñecidas polo seu esforzo e compromiso coa I+D+i e a creación de oportunidades para reforzar e fomentar a ciencia e a innovación dende o ámbito municipal.

Forman parte da Red Innpulsa as seguintes cidades: A Coruña, Alcalá de Henares, Barakaldo, Bilbao, Burgos, Dos Hermanas, Gijón, Lleida, Logroño, Madrid, Málaga, Mataró, Móstoles, Oviedo, Pamplona, Sabadell, San Cristóbal de la Laguna, San Sebastián, Santander, Terrassa, Valencia, Valladolid, Adeje, Alcala de Guadaíra, Alcoi, Alzira, Almendralejo, Ávila, Avilés, Cáceres, Cerdanyola del Vallés, Eibar, Molina de Segura, Ontinyent, Palencia, Rivas Vaciamadrid, Riveira, Sant Boi de Llobregat, Sant Feliú de Llobregat, Santiago de Compostela, Viladecans, Vila-Real, Yecla, Abanto Zierbena, Buenavista del Norte, Cervera, Ejea de los Caballeros, Ermua, Etxebarri, Gata de Gorgos, Gotarrendura, La Solana, Los Santos de Maimona, Puerto Lumbreras, Salinas e Vilanova del Camí.

Asilo político para Hassana Aalia
O Pleno tamén aprobou por unanimidade unha moción, presentada polo BNG, apoiando a concesión de asilo político ao activista saharauí Hassana Aalia. A Corporación súmase así a unha declaración institucional neste mesmo sentido aprobada polo Parlamento galego.

Compartir: