CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS

Cita no Centro Sociocultural do Castiñeiriño co programa "Imos ao baile"

26/02/2015 As Concellarías de Cultura e de Relacións Veciñais, convidan a veciñanza a asistir a unha nova sesión do programa Imos ao baile. A cita deste sábado, 28 de febreiro, é no Centro Sociocultural do Castiñeiriño ás 17:30 horas.

O grupo Channel será o encargado de amenizar unha tarde de baile e convivencia. A actividade está dirixida a público adulto e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Localización do Centro Sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño: rúa Virxe de Fátima, 1. Teléfono 981 542 459.

Direccións relacionadas



Compartir: