URBANISMO

O Goberno municipal chama á tranquilidade en relación á sentenza xudicial que afecta ao Sunp-12 de Lamas de Abade

12/09/2006 O concelleiro de Urbanismo, Luís Toxo, fixo unha chamada á tranquilidade respecto á sentenza xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o desenvolvemento do solo Sunp-12, en Lamas de Abade. Lembrou que non se trata dunha sentenza firme e que, polo tanto, pode continuar o desenvolvemento desta superficie.

A decisión xudicial foi recorrida en casación ante o Tribunal Supremo tanto polo Concello como pola Consellería de Vivenda, por entender que limita a capacidade de promoción de vivenda pública e que pon en cuestión a propia autonomía municipal. A sentenza rexeita a porcentaxe de vivenda protexida asignada a este solo, onde se construirán 341 vivendas.

Luís Toxo indicou que a sentenza estaba baseada nunha lei estatal do solo do ano 1976, pero que os servizos xurídicos entenden que debería prevalecer o ditado pola Lei do Solo de Galicia, do ano 2002. Por este motivo, expresou a súa confianza en que o Tribunal Supremo acepte o recurso de casación.

En calquera caso, declarou que Raxoi estaría preparado para calquera decisión e que se vai a dialogar cos propietarios afectados para intentar chegar a unha solución

Compartir: