DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

O Concello acondiciona a praza a carón da igrexa de San Andrés de Barciela

22/01/2015 A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, e o edil de apoio desta área, Luis Meijide, visitaron as obras de acondicionamento da praza pública anexa á igrexa de San Andrés de Barciela. Nesta actuación investíronse 15.602 euros.

As obras consistiron no acondicionamento da praza pública anexa á igrexa da Barciela para estacionamento público e usos comúns. Tamén se repararon os accesos e mellorouse a rede de recollida de augas para evitar empozamentos no ámbito.

Ademais dos labores de pavimentación, de mellora dos accesos á igrexa e cemiterio, e de colocación de baixantes, drenaxes e reixas, colocouse nova sinalización, relativa á igrexa e ao Camiño de Santiago. Tamén se plantarán catro novas árbores e realizouse unha limpeza xeral.

Compartir: