DEPORTES

Uns 150 tiradores competirán na novena edición do Open Compos de esgrima

22/01/2015 O pavillón de Pontepedriña acollerá este sábado 24 e o domingo 25 de xaneiro, a IX edición do Open Compos de esgrima, organizado pola Asociación Compostela Esgrima. O Concello colabora un ano máis con este torneo, un dos máis atractivos do calendario da esgrima nacional.

A concelleira de Deportes, María Corral; o presidente de Compostela Esgrima, Xosé Piñeiro, e un dos adestradores da Asociación, Jordi Acuña, presentaron este Open, que mesturará dúas probas: o Ranking Galego de Espada de categoría absoluta e de categoría júnior (menores de 17 anos) e o Ranking Nacional de Veteranos, que abrangue dos 30 anos en diante (a categoría III é a partir dos 60 anos).

Segundo explicou Xosé Piñeiro, no Ranking Galego de espada, todos os clubs de Galicia comparten competición cun importante grupo de tiradores do resto de España que tamén veñen a disputar a proba nacional. Así, haberá representación de clubs de Madrid, Asturias, Castela – A Mancha, Cataluña e Castela e León.

Un ano máis, os favoritos serán o madrileño Álvaro Calderón e o galegocubano Amauris Temó, gañadores varias veces do torneo, e Emilio Rilo, de Ferrol, vencedor da anterior edición de Ferrol, vencedor da edición anterior. En mulleres, a cambadesa Araceli Bugallo, do Compostela Esgrima, e Rosa Cano, de Vigo, gañadoras tamén do Open Compos nalgunha ocasión, partirán coma favoritas.

A espada masculina é a modalidade que presenta unha inscrición máis numerosa, seguida da espada feminina e dos rapaces e rapazas menores de 17 anos que participan no Ranking Galego Júnior. Entre todos estarán arredor sumarán preto de 120 espadistas. A eles haberá que engadir os participantes no Ranking Nacional de Veteranos, o que totalizará uns 150 tiradores a competición.

En canto ao Ranking Nacional, a participación de fóra de Galicia é aínda máis numerosa, con clubs de Madrid, Barcelona, Santander, Guadalaxara, Burgos, Valladolid e as Illas Canarias, cos que se baterán os veteranos galegos. que se complementan cos nosos e nosas veteranos de Galicia. Aquí, Álvaro Calderón terá un duro rival no burgalés Roberto Codón. En mulleres, Araceli Bugallo e Rosa Cano aspiran igualmente á vitoria final. Na categoría M17 júnior, a competición preséntase moi aberta.

Horarios
A competición arrancará o sábado 24, ás 9:30 horas, co Ranking Galego de Espada na categoría absoluta masculina, para seguir ás 14:30 horas coa proba feminina. As semifinais e finais disputaranse a partir das 19:00 horas e logo entregaranse as medallas.

A xornada do domingo será a reservada para o IX Open Compos de espada de veteranos, nas categorías 0, 1, 2 e 3. Dende as 9:30 horas competirán os homes e, dende as 10:30 horas, as mulleres. Ás 13:30 horas comezará o Ranking Galego de espada en categoría M17.

Direccións relacionadas



Compartir: