CENTROS SOCIOCULTURAIS

A praza Roxa acolle esta fin de semana a Árbore das Ilusións

19/12/2014 Fin de semana de intensa actividade para todos aqueles cidadáns que desexen compartir a decoración da Árbore das Ilusións e doutros elementos. Poderán achegarse ata a praza Roxa desde o sábado ata o luns para compartir esta experiencia.

Durante a xornada de hoxe iranse recollendo os distintos adornos, máis de 400 elaborados nos quince obradoiros desenvolvidos coa colaboración de entidades como a Biblioteca Anxel Casal, Proxecto Home, ASPAS, Area Central, Centro Comercial As Cancelas, Centro comercial Compostela, Museo das Peregrinacións e de Santiago, centros socioculturais ou Cidade da Cultura con moi boa acollida. Igualmente, un total de catorce centros de ensino aportarán adornos feitos polos alumnos e as alumnas.

Dada a cantidade de adornos recollidos a decoración extenderase a outras arbores e elementos da praza Roxa. O horario para a decoración da praza serán os seguintes: sábado 20 de 16 a 18h e o domingo e luns de 12 a 14h e de 16 a 18h.

Todos os adornos están elaborados con materiais de uso cotiá(cds, cortiza, cunchas de vieira, envases de plástico, cordon, lá, retais, goma-eva, feltro e outros materiais naturais). Os participantes fixeron chegar propostas creativas variadas que dan mostra da orixinalidade e a imaxinación dos composteláns. Os obradoiros están conducidos por Abrollarela talleres creativos.

Continúan as visistas dos paxes reais aos centros socioculturais
Os paxes das súas maxestades continúan a xira polos centros sociocultarais para recoller as peticións de todos os pequenos. Hoxe estarán ás 18h no Local sociocultural de Sar ás e 20h no de Pontepedriña. Mañá sábado, a cita será ás 18h no local sociocultural de San Lourenzo.

Compostela Gastronómica de Nadal
Ademais do espazo co que conta no Mercado de Nadal da Quintana, Compostela Gastronómica ten programados para este sábado dous obradoiros para os máis pequenos da casa. Na aula gastronómica da praza de Abastos poderán aprender a facer galletas de xenxibre ( de 11.30 a 13.00 h) e carbón de Reis ( de 17 a 18.30 h).

Mercado da Quintana
O Mercado da Quintana (aberto en horario de 11.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.00 h) tamén ten preparadas actividades especiais para esta fin de semana. O sábado, de
18.00 a 19.00 h, obradoiro de canción tradicional, e ás 20.30 h, concerto de Resaka Brothers. Para o domingo hai preparado un obradoiro de cantos de Nadal e rematará a xornada o grupo Trampoline cun concerto ás 19.30 h. Os dous días haberá unha gardería-ludoteca en horario de 11.00 h a 14.00 h

Pista de xeo
A pista de xeo amplía os seus horarios na fin de semana para poder disfrutar máis tempo. O sábado e o domingo abrirá de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 22.00 horas con sesión nocturna o sábado de 23:00 a 2:00 horas.

Nadal nos CSC
Os centros sociocultarais da cidade continúan coa súa programación específica que se pode consultar na páxina web municipal ou na de centros socioculturais www.sociocultural.org

Compartir: