ALCALDÍA

Colocada a primeira pedra do centro de saúde do barrio de Galeras

18/12/2014 Nun acto presidido polo alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e que contou coa presenza do xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa. O investimento previsto acada os 2,9 millóns de euros, para un prazo de execución de 17 meses.

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, colocou hoxe a primeira pedra do que será o futuro centro de saúde do santiagués barrio de Galeras, cofinanciado ao 80% polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, por un importe de 2,9 millóns de euros e un prazo de execución das obras de 17 meses. No acto estivo presente, así mesmo, o xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa.

O centro de saúde de Galeras, que poderá atender a unha poboación de máis de 12.000 persoas, contará cun área de medicina xeral, outra de pediatría, consultas de matronas e educación maternal, farmacia, odontoloxía, fisioterapia e salas polivalentes. Ademais, na área de administración disporase dun arquivo, almacéns e outros servizos comúns.

Á colocación da primeira pedra tamén asistiron a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo; a directora xeral de Recursos Económicos do Sergas, Lourdes Vilachán; o xerente de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde; e a xefa territorial de Sanidade da Coruña, Cristina Pérez.

Compartir: