MULLER

María Corral participou na andaina "Camiño ao respecto" en prol da sensibilización social contra a violencia de xénero

23/11/2014 A concelleira de Muller, María Corral, participou na andaina contra a violencia de xénero "Camiño ao respecto", con saída no Monte do Gozo e chegada na praza do Obradoiro. A proba foi organizada pola Xunta de Galicia con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se conmemora o 25 de novembro.

O obxecto desta andaina era promover a participación cidadá a prol do rexeitamento público e formal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre homes e mulleres, valores que encarna o Camiño de Santiago.

Ao finalizar a andaina no Obradoiro, dous estudantes universitarios, Tamara Pazos e Emilio Froján, tamén quixeron expresar o seu rexeitamento á violencia de xénero poñendo voz aos máis novos.

Compartir: