ALCALDÍA

Agustín Hernández reuniuse cos representantes veciñais do Romaño e do Eixo

22/11/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, mantivo esta mañá xuntanzas coa Asociación de Veciños Ponte do Romaño-San Xoán de Afóra e da Asociación de Veciños Domingo Cepeda, do Eixo.

Continuou así a rolda de contactos do rexedor municipal coas diferentes representacións veciñais dos barrios e parroquias de Compostela, co fin de coñecer de primeira man as súas principais necesidades e demandas.

Na xuntanza tamén participaron o concelleiro de Relacións Veciñais, José María Rosende, e o concelleiro de apoio en materia de Obras e Proxectos, Luis Meijide.

Compartir: